martes, 22 de febrero de 2011

A calculadora "Curta"



Este ano no IES de Canido celebramos o entroido, e decoramos todo o centro con distintos inventos e avances científicos. Un dos temas tratados foros os aparellos relacionados coas matemáticas, e buscando na web atopei esta increible máquina de calcular totalmente mecánica (non ten ningun compoñente eléctrico nin electrónico).

Foi inventada por Curt Herzstark no 1948 nun campo de concentración e perfeccionada máis tarde.

Suma, resta, multiplica e divide, e tamén con algunha complexidade fai raíces cadradas e outras operacións.

Comezou a fabricarse en serie no 1947 e estivo a venta ata 1973 , cando as calculadoras electrónicas foron máis baratas.

Hoxe é unha peza de colección.
Mais información na páxina " A calculadora Curta"

miércoles, 1 de diciembre de 2010

PERIGOS NA INTERNET

Uns breves consellos para navegar por internet e no uso das REDES SOCIAIS

Moitas veces, por descoñecemento ou ben por imprudencia cometemos erros que nos poden acarrear problemas tanto aos alumnos/alumnas coma aos pais/nais, e convén ter en conta uns breves consellos:
  • Non facilites nunca a túa dirección, nin o teu nº de teléfono.
  • Non subas fotos túas nin da túa familia, tampouco de amigos sen o seu permiso.
  • Non fagas comentarios nin subas fotos que non poñerías no taboleiro do instituto.
  • Non compres nada por internet sen o coñecemento e consentimento de teus pais/nais.
  • Non descarges (programas, videos, películas, música) poden conter programas ocultos que danen o teu equipo, ou ben contido non apto para menores.
en fín, usa o sentido común, máis información ....
Enlaces de interés:

martes, 22 de junio de 2010

Traballando con Podcast e Audio

3 alumnas de TIC do IES de Canido fixeron esta adapatción da canción dos 3 porquiños

Grabado co Audacity e subido a Podcast.es

proba e crea o teu propio arquivo de son!!!

lunes, 7 de junio de 2010