domingo, 1 de noviembre de 2009

Actividade 7.-SOFTWARE



É o soporte lóxico do ordenador que fai posible o seu funcionamento. Comprende tanto o sistema oprerativo S.O. coma outros programas ou aplicacións que empregamos.
Un Sistema Operativo serve de interface entre o usuario e o ordenador, interpretando as instruccions do usuario e transmitindoas o Hardware. Ademais encargase de facer funcionar e controlar todos os dispositivos e os programas instalados no ordenador.
Outras funcions son:
  • Permitir a varios usuarios compartir hardware.
  • Permitir os usuarios compartir datos.
  • Permitir planificar os recursos.
  • Facilitar a entrada e saída de datos.
Unha aplicación informática é un programa deseñado para facilitar un tipo de traballo, mentres que un programa é unha secuencia de instruccións que un ordenador é capaz de interpretar e executar. Por exemplo a BIOS (software almacenado na memoria ROM que fai que o ordenador arranque e funcione) é un programa. En cambio un procesador de textos ou un reproductor de vídeo son aplicacións informáticas.
  1. Que sistemas operativos coñeces?
  2. Investiga o significado de :
  • Freeware
  • Comercial
  • Shareware
  • Código aberto
  • Software libre
  • Crippleware ou lite
  • Software público
  • Licenza Creative Commons
  • Licenza GPL

No hay comentarios:

Publicar un comentario